Quem somos?

Somos uma rede de as entidades galegas e portuguesas, civis e públicas que no 12 de outubro de 2018 decidimos constituir a Rede da GaliLusofonia com os objetivos de juntar esforços, coordenarmo-nos e cooperarmos na difusão de iniciativas encaminhadas a situar a Galiza no seu espaço natural linguístico-cultural, a Lusofonia, com grande potencial noutros campos como o económico e o institucional. Naquele día, lançamos um manifesto e chamamos a outras entidades que partilham os nossos objetivos a se juntarem a nós

 

A arca da NoeA Mesa Pola Normalización Lingüística

 

Academia Galega da Língua PortuguesaAssociaçom Galega da LínguaAssociação José Afonso PortugalAssociação José Afonso-GalizaCantos na MaréaRi[t]mar galiza e portugal-Escola Oficial de Idiomas de Santiago de CompostelaCastro Celta Festival de Nogueiró (Braga) Convergências Portugal Galiza

Festival Músicas do Mundo de SinesFestival da Poesia no Condado-Sociedade Cultural Deportiva Condado

Fundación Via Galego  Livraria Traga Mundos

 

Ponte a Portu-Gal-Concello de PonteareasPonte nas Ondas

TIN.BRA-Teatro Infantil de BragaTraz Outro Amigo Também-Concello de Cedeira

NOTÍCIAS DA REDE

Últimas notícias

 REDE DA GALILUSOFONIA CELEBRA REUNIÃO DE CONSTITUIÇÃO EM BRAGA O PRÓXIMO SÁBADO 24 DE NOVEMBRO

Será recebida polo Exmo. Sr. Presidente da Câmara Municipal, Dr. Ricardo Rio A Rede da GaliLusofonia celebrará o próximo sábado 24 de novembro na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, em Braga, a sua junta de consitituição. Os trabalhos começarão às 10:30 h coa recepção de participantes, convidados e observadores seguida da abertura oficial pelo Exmo. Sr. Presidente da Câmara Municipal de Braga, Dr. Ricardo Rio, e duma visita guiada à Biblioteca. Às 12:00 h começará o trabalho de desenvolvimento de objectivos e definição da estrutura organizativa da Rede, que decorrerá ao longo do dia. Às 17:30 h chegarão as conclusões e às 18:00 h o encerramento da reunião. ______________________________________________________

REDE DA GALILUSOFONIA REÚNESE COA DIRETORA GERAL DA COMUNIDADE DE PAÍSES DE LINGUA PORTUGUESA (CPLP)

Onte, día 8 de novembro de 2018, diferentes iniciativas culturais que traballamos para situar Galiza no seu ámbito lingüístico e cultural natural, a Lusofonia, entre elas aRitmar galiza e portugal da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e a Rede da Galilusofonia, da cal facemos parte, reunímonos na Casa da Língua Comum, sede da Associação Pró Academia Galega da Língua Portuguesa con Georgina Benrós de Mello, diretora geral da CPLP - Comunidade dos Países de Língua Portuguesa. A diretora geral viña de se reunir cos grupos parlamentares do Parlamento de Galicia e quixo coñecer de primeira mao o noso traballo. Ademais explicounos o estado en que se encontra a candidatura de Galiza a facer parte da CPLP.

______________________________________________________

A REDE DA GALILUOSOFONIA REUNIRASE MAÑÁ COA DIRETORA GERAL DA CPLP (COMUNIDADE DE PAISES DE LINGUA PORTUGUESA)

Daralle a coñecer o proxecto da Rede e as súas iniciativas Diversos representantes da Rede da Galilusofoniia reuniranse mañá xoves, 8 de novembro ás 17:00 na sede da Academia Galega da Lingua Portuguesa coa caboverdiana Georgina Benrós de Mello, diretora xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), en viaxe a Galiza convidada polo Consello da Cultura Galega. Previamente a diretora xeral reunirase no Parlamento de Galiza cos portavoces dos distintos grupos parlamentares. O motivo da reunión é dar a coñecer de primeira mao á CPLP as entidades asociativas e culturais implicadas no relacionamento da Galiza coa Lusofonia, como é o caso do certame aRi[t]mar galiza e portugal, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela ou o Cantos na Maré, e, en xeral os motivos de creación e os obxectivos da Rede da GaLilusofonia (achégase manifesto fundacional) O encontro produce-se no cadro das xestións que a Academia Galega da Lingua Portuguesa leva realizando para promover a candidatura da Galiza á CPLP.

____________________________________________________

O Foro na Maré acollerá mañá a constitución da Rede da Galilusofonía Trece iniciativas galegas e portuguesas unen esforzos para impulsar as relacións lingüístico-culturais entre Galiza e a Lusofonía A Rede celebrará a súa primeira reunión no marco do Foro na Maré-Cantos na Maré Pontevedra, 11 de outubro de 2018.- Mañá venres, a partir das 16:30 h, constituirase no Pazo da Cultura de Pontevedra a Rede da Galilusofonía, no marco do Foro da Maré-Cantos na Maré. O nacemento da Rede está impulsada por diferentes iniciativas galegas e portuguesas que partilan o obxectivo común de difundir a música e as artes e aproximar a língua e a cultura de Galiza e de toda a Lusofonia, onde o noso país ten o seu espazo internacional linguístico e cultural natural. Estas iniciativas, con diferentes enfoques e formatos, mais que se dirixen a unha audiencia partillada que existe na Galiza e en Portugal, decididen xuntarse e constituír a Rede da Galilusofonía, co obxectivo de amalgamar esa audiencia para dar novos pasos na dirección pretendida, xuntando esforzos e recursos humanos e materiais. Entre as iniciativas que manifestaron a súa adhesion á Rede están A Mesa pola Normalización Lingüística, Academia Galega da Língua Portuguesa, AGAL-Associaçom Galega da Língua, AJA Galiza-Núcleo da Associaçom Jose Afonso na Galiza, aRi[t]mar galiza e portugal-Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Cantos na Maré, Castro Galaico Festival de Nogueiró-Braga, Convergências Portugal Galiza-Braga, Festival da Poesia no Condado-SCD Condado, Fundación Via Galego, Ponte a Portu-Gal-Concello de Ponteareas, Ponte nas Ondas eTraz outro amigo também-Concello de Cedeira. A Rede pretende agora reunir todas estas iniciativas arredor dun Foro e un Espazo internacionais, para poren en común as súas experiencias e camiñar conxuntamente no futuro, criando a Rede da Galilusofonia como elo de unión e cooperación entre Galiza e a Lusofonía, mais tamén de debate, criazón e impulso de novas ideas e proxectos.

Encontre-nos aqui:

Contato

Pregunta de seguridad